A ACT e a Mancomunidade da Barbanza Arousa formalizan un acordo para 4 tempadas

31 Marzo 2021

A ACT (a Asociación de Clubs de Traíñas impulsada por entidades de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi) e a Mancomunidade da Barbanza Arousa formalizan un acordo para 4 tempadas. A través del, a Liga Eusko Label na comarca prolongarase durante 3 anos máis.

A Mancomunidade escollerá cada tempada de maneira rotatoria o municipio no que se desenvolverá a Liga Eusko Label. Despois da aceptación da ACT, ese lugar converterase en escenario da máxima competición do remo de banco fixo. Adolfo Muíños, presidente da Mancomunidade, explica que “esta unión acada na comunidade unha dimensión de primeira magnitude, xa que é unha aposta moi importante para a Barbanza Arousa”.

Este ano, a Liga terá lugar en Rianxo, concretamente o sábado 7 de agosto. Boiro e Ribeira xa acolleron xornadas da Liga Eusko Label, converténdose en encontros moi demandados por parte da afección remeira, debido ao abano cultural e gastronómico que ofrece a comarca de Barbanza.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...