Asi quedan as restricións para Semana Santa. Sen cambios nos concellos da comarca

30 Marzo 2021

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia reuniuse este martes para decidir as restricións que se aplicarán na comunidade durante os festivos de Semana Santa. Sanidade destaca a boa situación epidemiolóxica de Galicia, que entraría xa nunha fase de meseta e que, polo momento, estaría a esquivar a entrada dunha cuarta onda do virus.
A comunidade afronta os festivos de Semana Santa con só un municipio en nivel máximo de restrición trátase do municipio ourensán de Beade.
En nivel alto de restricións atópase Abegondo, Baiona, Cortegada, O Irixo, Ortiguera, Padrenda, Pazos de Borbén, A Pobra de Brollón, Rábade, Sanxenxo e O Saviñao. Nestes municipios, a hostalería está aberta ata as 21.00 horas, pero só poderá abrir en terraza cunha capacidade do 50%.

En nivel medio sitúase Vilardevós, Celanova, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo, Cangas, Moaña, Gondomar, Meis, Bergondo, Boimorto, Carral, A Coruña, Laracha, Arteixo, Betanzos e Camariñas. Neste caso, a hostalería terá unha capacidade do 50% en terrazas e do 30% e interiores. Bátelos estarán abertos ata as 21.00 horas e poderase reunir un máximo de seis persoas en exteriores e de catro no interior dos locais.

Os cambios nos niveis dos concellos que decidiu este martes a Xunta a proposta do comité clínico entrarán en vigor este venres ás 00.00 horas.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...