Os concellos do Barbanza benefícianse da subvención que a Deputación destina á contratación de técnicos deportivos

30 Marzo 2021

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a concesión provisional das axudas promovidas pola Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia cun total de 905.000 euros. Desta vez, serán sesenta e nove os municipio que que se beneficiarán deste apoio económico, entre os cales se atopan A Pobra, Boiro, Lousame, Porto do Son, Rianxo, Ribeira e Dodro.

A Deputación financia ata o 80% dos custes salariais do persoal técnico deportivo contratado durante un ano. As axudas son dun máximo de 15.000 euros para aqueles municipios que opten pola contratación dun graduado universitario en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, é o caso da Pobra, Boiro, Lousame, Rianxo, Ribeira e Dodro.

Os concellos que decidan contratar tamén técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas recibirán unha achega de 10.000 euros, como é o caso Porto do Son.

A deputada responsábel da área de Deportes, Cristina Capelán, destacou que estas axudas “ademais de contribuír á xeración de emprego na provincia, facilitan tamén que os municipios poidan desenvolver programación deportivas de carácter estábel e fomentar a actividade física entre a poboación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.