Mobilidade total en Galicia desde o luns salvo nun concello

28 Marzo 2021


Desde este luns 29 ás 00:00 horas e coincidindo cos primeiros días de Semana Santa, os galegos poderán moverse con liberdade por toda Galicia sen peches perimetrais a excepción do concello de Beade en Ourense que continúa en nivel máximo de restricións. Así o decidiu a Xunta de Galicia tras a reunión do subcomité clínico deste venres na que se acordou baixar o concello de Maside ao nivel alto.

Beade convértese así no único concello co nivel de restricións que esixe o peche perimetral do municipio, a hostalería só aberta para servizo a domicilio e recollida e prohibe as reunións de non conviventes. O outro concello que se atopaba no nivel máximo, Maside, pasou ao alto uníndose a outros nove municipios, entre os que se manteñen os pontevedreses de Sanxenxo e Baiona.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...