A Deputación financiará a contratación de persoal técnico en cultura en oito dos nosos concellos

26 Marzo 2021

A Deputación da Coruña, a través da área de Cultura, vai financiar a contratación de persoal técnico especializado en xestión cultural en 74 concellos, incluídos oito da nosa comarca: A Pobra do Caramiñal (14.970,00 euros), Boiro (9.980 euros), Dodro (9.980), Lousame (14.970 euros), Noia (2.686,92), Porto do Son (14.970,00), Rianxo (9.980,00) e Ribeira (14.970,00). Para isto, destinará un total de 770.000 €. A iniciativa ten como obxectivo “a creación de emprego no sector e a profesionalización das áreas de cultura municipais”.

Esta liña súmase á destinada a contratacións en museos e centros de interpretación municipais que está dotada con 400.000 euros, segundo fixo saber o deputado Xurxo Couto, que engadiu que “queremos contribuír á profesionalización das áreas de cultura dos concellos e tamén dos centros deles dependentes como museos ou centros de interpretación para promover tamén boas prácticas na acción cultural que son máis urxentes neste momento, cando a aparición da pandemia provocou unha importante crise no sector e obrigou a mudar as dinámicas existentes na xestión municipal cultural”.

As bases da convocatoria foron elaboradas en colaboración con entidades e profesionais do sector para a definición dos perfís profesionais ademais da procura da estabilidade laboral das persoas contratadas.

A área de Cultura da Deputación recoñece que estivo entre os seus obxectivos facer un esforzo para contribuír á mellora no recoñecemento do perfil profesional nos postos de traballo existentes, definido requisitos, coñecementos formativos, funcións e categorías profesionais para os casos en que os concellos procedan á creación de novos postos de traballo.

Neste sentido, as modalidades establecidas na convocatoria son mantemento e creación de postos de persoal técnico en xestión cultural ou animación sociocultural.

Na concesión contémplase o financiamento de persoal a 66 concellos ademais dos 7 da Mancomunidade de Ordes e o Padroado de Cultura de Narón.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.