Castiñeiras celebrará unha carreira popular en honra do seu veciño Juan Vidal Pérez

18 Marzo 2021

O vindeiro 25 de abril disputarase a primeira edición da Carreira de Castiñeiras ‘Memorial Juan Vidal Pérez’, que con cinco kilómetros de percorrido permitiráachegarse a unha paisaxe única na contorna da praia do Castro.
A proba foi presentada no parque de Punta do Castro pola concelleira de Deportes Juana Brión, por Raquel Barba nome da ANPA do Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras, e por Abraham Benítez como organizador do evento.
Con saídas a partir das 9.30 horas dende o peirao de Castiñeiras e sempre respectando a normativa covid no ánimo de apostar polo deporte seguro ao tempo que promover o atletismo popular galego.
Recadación
Todo o diñeiro recadado irá destinado á ANPA de Castiñeiras para material contra o covid 19.
Tanto esta edición como as futuras celebraranse na memoria de Juan Vidal Pérez, un veciño de Castiñeiras entregado ao mundo do atletismo popular que foi pioneiro na organización de carreiras no Barbanza e un asiduo competidor nas probas celebradas na zona nas décadas dos 80 e 90 do pasado século.
Información e inscricións: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/i-carreira-de-
castineiras-memorial-juan-vidal-perez/?lang=e
s

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.