Boiro e Bétera suman forzas na recuperación da memoria histórica

16 Agosto 2019
Campo de concentración de Portaceli

20190816. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, está en comunicación coa súa homóloga no Concello de Bétera, Valencia, co obxectivo de traballar no eido da recuperación da memoria histórica. Desde o municipio valenciano puxéronse en contacto co Concello de Boiro para achegar os datos relativos a veciñanza do municipio falecida no campo de concentración de Portaceli, en Serra, e que recibiron sepultura no cemiterio de Bétera.

Foi o Documentalista Municipal de Bétera quen, a raíz duns traballos levados a cabo pola recuperación da memoria histórica do municipio, tivo coñecemento de que entre os anos 1939 e 1941 unha persoa natural de Boiro falecera no citado recinto, sendo posteriormente soterrado no camposanto valenciano, agora municipal, pero que naquel momento era parroquial.

Así, o Concello de Bétera comunicou ao de Boiro sobre o seu achado para enviar toda a información e datos relativos a este veciño do municipio coa intención de informar á súa familia. Pola súa parte, o goberno local atopou aos achegados desta persoa co propósito de facelos coñecedores da información proporcionada. Os parentes sinalaron que non estaban ao corrente deste feito, polo que pediron que se lles remitise toda a documentación da que se dispón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.