Comezan as obras de renovación de pavimentos e redes de servizo en Brión (Boiro)

12 Marzo 2021

O Concello de Boiro inicia as obras de renovación de pavimentos e redes de servizo en Brión, co fin de mellorar un treito de rúa e renovar os servizos que presentan deficiencias.

Neste intre estase actuando nun tramo de 250 metros de lonxitude, xa que se producen abundantes choivas na localidade e iso produce que se acumule a auga e que existan graves problemas de seguridade viaria. “Deste modo”, explicou o Concello, “deseñouse unha rede de pluviais dun diámetro de 315 metros cun total de 28 sumidoiros repartidos homoxeneamente”.

A actuación conta cun investimento de 52.614, 36 euros e está financiada polo Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña. O prazo de execución da obra é de dous meses como máximo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.