O mércores regresa a choiva

09 Marzo 2021

Este mércores Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica, xa con réxime de ventos do suroeste. Así, agárdase unha xornada de ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto. No litoral atlántico predominarán as nubes baixas e mesmo podería rexistrarse algunha chuvia feble ao longo do día. As temperaturas ascenderán, especialmente as mínimas no interior. O vento soprará do suroeste, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña e na Mariña.

Meteogalicia

NO NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa á mañá e mala á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 2 a 2.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar02:023.3 m
Baixamar08:220.9 m
Preamar14:383.2 m
Baixamar20:361.0 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:533.3 m
Baixamar08:151.0 m
Preamar14:283.2 m
Baixamar20:281.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:593.3 m
Baixamar08:190.9 m
Preamar14:343.2 m
Baixamar20:321.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión