“Uruguai abre os seus caladoiros a pesqueiros galegos”.

03 Marzo 2021


Antón Luaces.- A priori é unha boa oportunidade para aquelas empresas pesqueiras españolas que, polas circunstancias que sexan, precisan da recolocación en distintos caladoiros das súas unidades de pesca: é unha proposta que non procede dunha licitación ou convocatoria oficial. Vén dunha consulta a un lobby español dun alto cargo do Ministerio de Pesca uruguaio por se tiñan algún investidor privado (armador) interesado nos caladoiros coa condición de montar unha planta de procesamento e ir erradicando a piratería. Ofrecen toda a transparencia informativa con comunicación directa, unha vez que manifesten oficialmente o seu interese no proxecto, cos responsables do Goberno para asuntos de iniciativas privadas, tanto vía telemática como cara a cara en Uruguai.
Na formulación do proxecto, ao ser unha proposta de iniciativa privada, non solicitada polo Goberno, son os armadores os que teñen que presentar o proxecto, @teniendo en cuenta as condicións básicas que ofrece o Executivo uruguaio para negociar: non se cobrarán as licenzas, concesión do terreo en porto franco por 30 anos renovables e exencións fiscais a definir en reunión de negociación.
A proposta ou propostas presentaranse ao Goberno a través do citado lobby co estudo de viabilidade do proxecto @teniendo en cuenta as necesidades de rendibilidade da pesqueira e para afrontar a instalación da planta transformadora.
Unha vez que definan as súas necesidades: cota de pesca. número de licenzas, etc., e propoñan o proxecto da planta coas súas características técnicas e humanas (emprego) procederíase a unha reunión de negociación das condicións. Tamén se podería expor, se é factible, o emprego de tripulantes, #cuestión esta oficialmente non tratada.
​Son os elementos básicos que poden abrir novas vías para un sector, o pesqueiro, que en Galicia -e España- non se atopa nos seus mellores momentos e que, ao dicir dun armador de buques arrastreiros consultado a este respecto “só ten como vía de escape o despezamento”.

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.