O grupo 2na Fronteira actuará este sábado en Rianxo

01 Marzo 2021

O grupo 2na Fronteira actuará este sábado, 6 de marzo, ás 20.00 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. A actividade encádrase no panorama dos Actos Castelao 2021 e o programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O concerto é tamén unha exposición, xa que fala sobre a revista Nós e complétase cunha guía divulgativa e didáctica. Os interpretes son Carmen Penim ao piano, Maurizio Polsinelli ao harmonio e Miguel Paz na batería e percusión.

A entrada é de balde, pero aqueles que queiran acudir, deberán reservala a través do correo electrónico auditorio@concelloderianxo.gal dende o 26 de febreiro ao 5 de marzo. Cómpre indicar o nome completo de cada persoa, o teléfono e se son conviventes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

“Una desgracia peor que la de Adamuz”. José Fernández Lago

Esta, sufrida en Urda, ha sido más dura, no solo por el número de muertos y heridos, sino también porque “llueve sobre mojado”. Las palabras “inverosímil e inexplicable”, del responsable de los transportes en España, no se sostienen ante el principio que hemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.