A Deputación destina 12 millóns de euros para un novo plan de rescate aos sectores máis afectados pola pandemia

26 Febreiro 2021

A Deputación da Coruña destinará este ano outros 12 millóns de euros para un novo plan de axudas destinado aos autónomos e pequenas empresas dos sectores máis afectados pola Covid-19, coma a hostalería, o pequeno comercio ou as empresas relacionadas co sector turístico.

A consignación económica para esta nova liña do Plan de Emprego Local  (PEL) foi aprobada hoxe no pleno por unanimidade de todos os grupos políticos da corporación provincial e supón preto dun 7% do orzamento total da Deputación para 2021. O novo plan dará continuidade ao PEL-Reactiva, realizado en colaboración cos concellos, que están distrubuindo as axudas por importe total de 12,5 millóns de euros entre miles de pequenas empresas da provincia.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, agradeceu o aopio unánime da corporación para activar este novo plan de 12 millóns de euros e destacou que “a Deputación da Coruña vai a seguir o camiño que iniciamos o ano pasado: pór a disposición da sociedade todos os recursos dispoñibles para apoiar a reactivación social e económica da provincia, apoiando especialmente aos sectores que máis están sufrindo as restriccións e os efectos da pandemia, coma a hostalaría ou o  pequeno comercio, entre os que unha gran maioría son autónomos ou microempresas”

“Imos facelo ademáis cunha tramitación rápida, simplificando ao máximo os requisitos burocráticos para lograr a maior axilidade administrativa, porque somos conscientes da situación crítica que atravesan estes sectores e da importancia que teñen para o mantemento do emprego e a xeración de riqueza”, apuntou González Formoso, que durante as últimas semanas mantivo xunto co seu goberno reunións con asociacións de hostaleiros, axencias de viaxe e outros sectores afectados pola crise, que coincidiron na urxencia de que as axudas cheguen canto antes para evitar o peche definitivo de moitos negocios.

González Formoso sostivo que o goberno provincial “non se esconde detrás das competencias” e volverá a facer este ano “un esforzo económico sen precedentes” para intentar amortiguar “unha situación crítica para moitas empresas e moitas persoas, reforzando e adaptando á realidade post covid todos os seus programas sociais e de promoción do emprego”.

Pola súa banda, o vicepresidente Xosé Regueira, considerou tamén que a Deputación “está a cumprir co compromiso coas pequenas e medianas empresas dos sectores máis afectados pola crise da Covid-19, implementando un novo PEL cunha partida económica de máis de doce millóns de euros coa que pretendemos chegar ás necesidades máis urxentes e imperiosas dos diferentes sectores, pensando principalmente no turístico, hosteleiro ou axencias de viaxes de cara a non perder competitividade no momento en que remate a actual situación”.

Como responsable da área de Turismo, Regueira destaca que “desde o inicio da crise tivemos unha especial preocupación polo sector turístico que sofre de maneira máis intensa os peches administrativos e de mobilidade polo que o consideramos un sector prioritario para ser beneficiario destas axudas”, apuntou.

Incremento dun 40% no PEL 2021, con bonificacións ás cotas de autónomos

Valentín González Formoso anunciou tamén que a Deputación abrirá a principios do mes de marzo o prazo de solicitudes das axudas do PEL-2021, cuxas bases foron publicadas no BOP de onte, e que contará cun orzamento inicial de 5 millóns de euros (un 40% máis que o ano pasado).

Ademáis das liñas habituais para subvencionar a contratación de persoal ou impulsar a actividade das empresas, o PEL 2021 incorporará importantes novidades como axudas para subvencionar o 70% da cuota de autónomos ou a posibilidade de compatibilizar as diferentes liñas de axudas entre sí.

Estas novidades son produto da experiencia que a área de Emprego da Deputación acumula desde a creación do PEL en 2016 e pretenden adaptar as axudas ás necesidades reais do tecido  empresarial na situación actual.

Tres millóns para reforzar os plans da Coruña, Santiago e Ferrol

O pleno de hoxe deu tamén luz verde por unanimidade aos convenios coas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela polos que a Deputación achegará un total de 3 millóns de euros para complementar os fondos dos plans de reactivación económica destes tres municipios: PRESCO, PAME e Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago.

En concreto, A Coruña recibirá 1,2 millóns de euros, Santiago 1 millón e Ferrol 800.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.