Por fin sol o luns e martes. O litoral galego permanecerá en aviso amarelo con ondas de entre 4 e 5 metros

21 Febreiro 2021

O luns Galicia estará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Os ceos presentarán máis nubes pola mañá, con néboas matinais en zonas de interior, abríndose grandes claros pola tarde. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro descenso, con xeadas no interior da Comunidade, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente sur, frouxo en xeral, aumentando a moderado progresivamente, con intervalos fortes no litoral atlántico.

Anticiclón de 1025 mb situado ao sur da península Ibérica. Atención para luns: Aínda durante a primeira metade do día, as ondas superarán os 4 metros.

Todo o litoral galego permanecerá en aviso amarelo este luns por temporal costeiro que deixará ondas de entre 4 e 5 metros durante a mañá.

Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá, 4 a 5 á tarde e 5 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 3 a 4 metros á tarde e 2.5 a 3.5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar06:261.6 m
Preamar12:372.7 m
Baixamar18:471.5 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar06:191.6 m
Preamar12:282.6 m
Baixamar18:371.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar06:241.6 m
Preamar12:342.6 m
Baixamar18:451.5 m
Prognóstico do tempo luns 22 de febreiro a mediodía

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.