Domingo tranquilo con nubes e claros. A semana empeza con sol e suba de temperaturas

20 Febreiro 2021

Tras o paso da fronte tan activa na xornada do sábado, o domingo será un día moito máis tranquilo, aínda que con restos de inestabilidade. Deste xeito, os ceos estarán nubrados, con chuvascos localmente treboentos, máis frecuentes no leste, de neve en cotas arredor dos 1200 metros. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas mínimas. Os ventos soprarán frouxos, do noroeste en xeral.

A semana empezará con nubes e sol e temperaturas en ascenso.

Borrasca de 960 mb ao sudoeste de Islandia. Anticiclón de 1025 mb ao leste de Europa.

No noso mar: Vento do norte á mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4.5 metros á mañá, 4.5 a 5.5 metros á tarde e 4 a 5 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:521.6 m
Preamar11:082.6 m
Baixamar17:261.6 m
Preamar23:552.7 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar04:461.7 m
Preamar11:022.6 m
Baixamar17:171.6 m
Preamar23:482.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:511.6 m
Preamar11:072.6 m
Baixamar17:251.6 m
Preamar23:542.7 m

Prognóstico do tempo domingo 21 de febreiro a primeira hora da tarde.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.