Visita do grupo parlamentario do BNG á praza de abastos de Noia

20 Febreiro 2021


As deputadas do BNG no parlamento galego Rosana Pérez e Carme
González, que acompañaron nunha visita á praza de abastos da localidade
ao portavoz noiés da formación, Ricardo Suárez, cualificaron de moi
produtivo o diálogo con Guillermo López, presidente da asociación de
comerciantes desta institución.
O presidente amosou as instalacións e explicou os cambios arquitectónicos
que se levarán a cabo proximamente na praza, nunha conversa na que
houbo consenso na necesidade de que estas melloras non se queden no
material e veñan acompañadas por modelos ambiciosos de apoio á
comercialización e posta en valor dos produtos.
Neste ámbito da comercialización, as representantes nacionalistas
valoraron moi positivamente os esforzos e bos resultados acadados pola
praza de abastos noiesa para chegar ás vivendas da clientela. Do mesmo
xeito, reafirmaron o compromiso do BNG, tanto a nivel local como galego,
para que o apoio institucional ás plataformas e estratexias de
comercialización se faga realidade e produza un efecto multiplicador no
éxito das vendas en liña.
Outro dos temas que se tratou foi a intención da formación nacionalista de
fomentar o modelo do pequeno comercio fronte ás grandes superficies
comerciais a través do establecemento de parámetros xustos para a
competencia e unha moratoria que evite a saturación deste tipo de
superficies. Tamén se tratou nesta xuntanza a necesidade de
establecemento dun plan de rescate ao sector do comercio que dea
resposta aos agravios que se teñen sufrido a partir das restricións pola
situación epidemiolóxica.
Sorprendeu ás deputadas coñecer o feito de que a asociación de
comerciantes da praza de abastos noiesa non estea incluída na ‘Mesa de
Comercio Local’, e animaron tanto a López como a Suárez a insistir en que
o colectivo pase a ter representación na mesma pola importancia de ter voz
neste tipo de foros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.