“Entroido e liberdade de expresión. Non todo vale”. Celia García Pillado

20 Febreiro 2021

O debate sobre a liberdade de expresión no que estamos inmersos nestes tempos na Sociedade debido a diversos acontecementos no panorama nacional, suscítame unha reflexión. Vaia por diante que son unha defensora de dita liberdade en todas as súas formas. Dito isto, relato a cuestión.
Desde hai moitos anos, o tempo do Entroido en toda Galiza e tamén na nosa bisbarra tráenos desfiles, comparsas e as coñecidas murgas que forman parte da nosa cultura popular. As murgas son representacións teatrais, musicais, satíricas, cómicas e picarescas dos acontecementos sociais e políticos ocorridos ao longo do ano.
Agora ben, temos que diferenciar entre murga e libelo: folletín de mal gusto, infamatorio, que calumnia e denigra ás persoas, con contidos misóxinos, xenófobos, homófobos… sempre dende a covardía, agochándose no anonimato que dan as redes socias ou outros medios de distribución como textos impresos ou similares.
Estas mal chamadas “murgas” levan xa uns anos circulando polo noso pobo sen que ninguén levante a voz ante panfletos que, ao meu entender, traspasan os límites da sátira para chegar a danar a reputación das persoas.
Dende a cidadanía debemos vetar contidos desta índole. ¿Todo vale para o
divertimento? ¿Incluso a costa de calumniar, difamar e denigrar ás persoas?
Ante estes feitos que case sempre quedan impunes, so nos queda a denuncia pública. Vaia dende aquí a miña solidariedade con todas as persoas agraviadas, especialmente coas mulleres que adoitan ser maioritariamente o obxectivo destes individuos covardes que se escudan no anonimato e no Entroido para esparexer o seu veleno.
A liberdade de expresión permite a crítica incluso cando poda ser molesta, pero non pode dar lugar a ultraxes. Os dereitos das persoas actúan como defensa. Lesionar a dignidade das persoas pode dar lugar a responsabilidades penais.
Nada ameaza máis as liberdades que descoñecer os seus límites que son os que garanten un exercicio sen damnificados.


Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.