Os empresarios de Ribeira piden que se aprace para un “momento máis propicio” o cambio de nome da rúa Miguel Rodríguez Bautista

19 Febreiro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira vén de emitir un comunicado relativo ás peticións para mudar o nome da rúa Miguel Rodríguez Bautista, que unha parte da veciñanza e dos partidos políticos locais, amais da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, consideran que debe ser cambiando para seguir avanzando na erradicación da simboloxía e da nomenclatura franquista no termo municipal. A asociación local de empresarios aclara no seu comunicado que non entra a valorar os motivos da petición pero que, máis alá dos porqués das mesma e “en defensa dos nosos asociados e veciños da dita rúa”, opina que “non é o momento idóneo para realizar tal cambio”.

E engade o comunicado: “Somos conscientes dos trastornos e gastos que lles suporá a todos eles, e pedimos aos promotores da petición que a deixen para máis adiante unha vez superada a difícil situación anímica e económica que os nosos empresarios, comerciantes e cidadáns en xeral estamos a sufrir”. E conclúen: “Cremos que a nosa petición é razoable e esperamos comprensión nas persoas e entidades que impulsan a iniciativa a para que reconsideren a súa postura e procedan a retirala e aprazala para un momento máis propicio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.