Ribeira camiñará este 4 de outubro a favor das familias de nenos prematuros na sétima edición da andaina solidaria

02 Outubro 2026

O Concello de Ribeira colabora coa iniciativa da Asociación Amas de Casa da sétima andaina solidaria a favor da Asociación Galega de Familias de Nenos
Prematuros (AGAPREM) que se celebra o domingo, 4 de outubro, ás 10.30 horas, con saída e meta establecida na praza do Concello. No acto de presentación participaron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; o técnico municipal desta área, Fran Romay; e representantes de Amas de Casa: Puri Cores, presidenta; María Jesús Pérez, vicepresidenta; e Sofía Pego, promotora da andaina.

O percorrido será de 4 quilómetros de dificultade baixa co obxectivo de que sexa accesíbel para toda a cidadanía e o itinerario será sorpresa, polo que non se desvelará ata o propio día do evento.

En palabras do edil, este tipo de citas a través do deporte serven para dar visibilidade a distintas causas, pois “a solidariedade é a que move o mundo”.

Pola súa parte, a presidenta de Amas de Casa enxalzou que “o coidado dos nosos nenos fai o futuro”.

As inscricións realizaranse a través do Whatsapp 653 333 124, do enderezo electrónico amasdecasaderiveira@gmail.com ou no stand habilitado o propio día da andaina. A aportación será voluntaria coa finalidade de recadar fondos a favor de AGAPREM.

No remate efectuaranse unha serie de sorteos doados polas empresas colaboradoras e haberá avituallamento. Ademais, a música dun DJ amenizará a partida e a chegada dos asistentes. Tamén se poderá adquirir a camiseta desta andaina a un prezo de 5 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.