“A derrogación dos dereitos de vivenda no Congreso abre a porta a un adianto electoral” – Antón Luaces

03 Outubro 2026

Semella evidente que a falta de acordo na cámara baixa achega moito máis a posibilidade da convocatoria de novas eleccións xerais antes de que remate o ano que andamos. O Pleno extraordinario do Congreso dos Deputados en senllas votacións realizadas este  venres rexeitaron os dous reais decretos lei sobre a vivenda aprobados esta semana polo Goberno de coaligación de Pedro Sánchez. A primeira proposta emanou dos cidadáns ante os desafiuzamentos e a segunda formulaba unha prórroga  obrigatoria dos contratos de alugueiro. Ambos os dous foron votados por separado e a viva voz, con resultado  negativo en cada unha delas. 

PP, VOX e Junts xa anunciaran separadamente os seus votos en contra de ambos os decretos. O primeiro destes centrábase no desafiuzamento e o segundo  ata 2030 e limitar a compra de vivenda por parte dos fondos voitre ata o 31 de decembro de 2028. A normativa paraliza fiscalmente as vivendas e carga con máis impostos o alugueiro turístico.  

Amais empregaba un mecanismo polo que se podería acadar un préstamo a interese cero do 20% do valor da vivenda e ata cero euros (o menos dos dous importes) para a entrada da primeira vivenda. Como contrapartida , o prezo de venda estaría limitado polo Goberno. O segundo real decreto centrábase nos contratos de alugueiro indefinido, xa que propón unha prórroga obrigatoria de cinco anos. Se o propietario decidise non facelo, debería indemnizar ao inquilino con 12 mensualidade de alugueiro de características semellantes  e que estaría obrigado a abandonar.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.