Formoso pon en valor os 30 anos do Natural Sport (Ribeira) como referente do taekwondo galego

03 Outubro 2026

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe as instalacións do Natural Sport no pavillón da Fieiteira, en Ribeira, coincidindo coa celebración do 30 aniversario “dunha entidade que se consolidou como un dos grandes referentes do taekwondo galego”, segundo destacou o presidente, que estivo acompañado pola alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro; o presidente do Natural Sport, José Francisco Agrelo; o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; e o director deportivo do club, Juan Luis Martínez, que lle amosaron as instalacións e explicaron o traballo que desenvolve a entidade tanto coa canteira como cos deportistas de competición.

O presidente provincial destacou “a capacidade do Natural Sport para combinar durante tres décadas formación deportiva, competición e transmisión de valores, convertendo Ribeira nun punto de referencia para o taekwondo galego”.

E engadiu: “Trinta anos mantendo un proxecto deportivo deste nivel require dun traballo constante, dun equipo comprometido e, sobre todo, de moitas xeracións de rapaces e rapazas que medraron arredor deste club”.

Natural Sport conta actualmente con arredor de 300 licenzas federativas de taekwondo e neste punto Formoso subliñou “o labor do club coa canteira e o papel das familias, técnicos e directivos que sosteñen a actividade diaria”.

Durante a visita, o presidente da Deputación recibiu un agasallo de mans de Ainara Piñeiro, deportista de 12 anos do Natural Sport, bronce europeo e campioa de España, ademais de beneficiaria das bolsas para deportistas da Deputación da Coruña.

Formoso destacou “a traxectoria da moza deportista como exemplo do talento que está a xurdir da base do club e puxo en valor a importancia de apoiar os deportistas desde as primeiras etapas da súa formación para facilitar que poidan continuar medrando e competindo ao máximo nivel”.

A Deputación da Coruña colabora co Natural Sport na adquisición de material deportivo necesario para o desenvolvemento da actividade da entidade, dentro da política provincial de apoio aos clubs e asociacións deportivas da provincia.

Tres décadas facendo de Ribeira un referente do taekwondo

Fundado en 1996, o Natural Sport celebra este ano o seu 30 aniversario cunha ampla traxectoria de éxitos deportivos e cunha actividade que converteu Ribeira nun escenario habitual de competicións, concentracións e encontros vinculados ao taekwondo.

Ao longo destas tres décadas, centos de deportistas pasaron polo club, que consolidou unha sólida estrutura de formación desde as categorías de base ata a alta competición e conseguiu situar deportistas en campionatos autonómicos, estatais e internacionais.

Formoso felicitou a directiva, ao corpo técnico, aos deportistas e ás familias por estes 30 anos de historia e animou a entidade a continuar desenvolvendo “un proxecto que xa forma parte da identidade deportiva de Ribeira e que levou o nome do municipio e da provincia da Coruña a competicións de primeiro nivel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.