Educación suspende este venres as actividades no exterior dos centros afectados pola alerta laranxa

18 Febreiro 2021

A comisión escolar de alertas decidiu suspender toda a actividade no exterior nos centros educativos situados nas zonas afectadas polo aviso de nivel laranxa por fortes ventos que afectará a Galicia este venres.

O fenómeno adverso deixará refachos de ventos superiores aos 100 quilómetros por hora e afectará a partir das 12,00 horas ao oeste e suroeste da Coruña e estenderase, a partir das 18,00 horas, a toda a provincia de Pontevedra, a Mariña Lucense e a montaña de Ourense.

A autoridade educativa comunicará a situación ás direccións dos centros escolares afectados, que serán os encargados de facer efectiva a medida e realizar un seguimento dos partes meteorolóxicos mentres dure o adverso meteorolóxico.

Doutra banda, déixase en mans das direccións a responsabilidade de decidir sobre a suspensión das actividades extraescolares no caso de que as circunstancias do seu municipio evolucionen ata supoñer un risco superior ao declarado.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...