A comarca e Galicia quedará durante a xornada do venres baixo influencia anticiclónica, aínda que con ventos do sudoeste, que arrastrarán moita humidade. Con esta situación, agárdanse ceos nubrados pola mañá, con máis nubes no litoral atlántico, onde mesmo podería haber algún orballo ocasional pola mañá; apertura de grandes claros no interior pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do sur-sudoeste, frouxos no interior, moderados no litoral.

Baixas presións de 965 mb ao sudoeste de Islandia. Altas presións de 1025 mb entre Galicia e Portugal.
Atención para venres :Ondas entre 5 e 6 metros no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra entre as 6:00 e as 18:00.
Na nosa costa: Vento do sudoeste á mañá e do sur á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá e á tarde e 4 a 5 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:25 | 3.9 m |
| Baixamar | 10:39 | 0.5 m |
| Preamar | 16:48 | 3.6 m |
| Baixamar | 22:46 | 0.6 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:16 | 3.8 m |
| Baixamar | 10:30 | 0.6 m |
| Preamar | 16:40 | 3.5 m |
| Baixamar | 22:38 | 0.7 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 04:21 | 3.8 m |
| Baixamar | 10:34 | 0.5 m |
| Preamar | 16:45 | 3.5 m |
| Baixamar | 22:43 | 0.6 m |

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



