A Casa Consistorial de Boiro pecha ata novo aviso debido á situación sanitaria

09 Febreiro 2021

A Casa Consistorial de Boiro ficará pechada dende este 9 de febreiro e ata que a situación sanitaria mellore. Esta decisión foi tomada polo Goberno local tras coñecerse o caso de dous positivos nela. Con todo, os servizos urxentes seguirán funcionando de maneira telemática ou telefónica.

Os contactos estreitos destes casos foron chamados para realizar unha proba de antíxenos cando se coñeceron os positivos. Polo momento, deron todos negativo. Ademais, o persoal que mantivo contacto cos positivos nos últimos días está a facer un cribado de probas PCR, co fin de descartar novos contaxios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.