En Rianxo, prosegue o acondicionamento de diferentes enclaves do Araño

08 Febreiro 2021

O departamento de Obras e Servizos Municipais de Rianxo proseguiu os días pasados co seu plan de traballo para acondicionar, mellorar e humanizar infraestruturas, estradas, contornas de lecer e puntos de interese histórico, social e cultural. Desta volta tocoulle a diferentes enclaves da parroquia de Araño. Por exemplo a capela de San Xoán na Hermida, que foi limpada a fondo para o desfrute da veciñanza e para favorecer, tamén, a accesibilidade. Rozouse e púxose a punto a contorna máis próxima ao templo e tamén a área de lecer lindeira.

Dende Obras e Servizos Municipais tamén anunciaron que este mes rematarán os traballos de saneamento en Foxacos (O Araño) que dará servizo a 37 vivendas. Trátase dunha obra financiada pola Deputación da Coruña cun orzamento próximo ós 150 mil euros. Unha vez concluída esta obra, o Concello licitará a primeira fase do saneamento no lugar de Burés; en palabras do alcalde Adolfo Muíños “un paso máis no camiño cara o saneamento integral do municipio”.

Sen saírnos do Araño, o Goberno local tamén fixo saber que procedeu á reposición dos cristais da marquesiña de Outeiro, á que se engadiu o acondicionamento da marquesiña de Corques, en Taragoña, e máis a limpeza das fontes de Outeiro e Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...