A Deputación salienta as vantaxes operativas que se abren coa constitución do GES noiés

04 Febreiro 2021

O deputado de Promoción Económica Blas García participou telematicamente, este 4 de febreiro, na constitución do novo GES noiés xunto ao alcalde da localidade, Santiago Freire, o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto. Blas García sinalou que a Deputación valora “positivamente” a creación dunha nova base do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) en Noia, que “permitirá eliminar a zona de sombra que existía nos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son e mellorar a atención de emerxencias neste territorio”, dixo.

Blas García engadiu que “a posta en marcha desta nova base do GES pon de manifesto que nunca debeu suprimirse o servizo que xa existía na localidade” (en referencia á base do GRUMIR, os antigos GES, que foi eliminada en 2013). Tamén destacou “o traballo conxunto da Xunta e a Deputación no relativo ao eido das emerxencias e apoio ás agrupacións de Protección Civil da provincia”. García sostivo que tanto o Goberno galego como a entidade provincial teñen agora por diante dous retos importantes este ano: “Por unha banda definir o novo convenio dos GES e, pola outra, a posta en marcha do novo parque comarcal de bombeiros que dará servizo á área de Compostela”. Tamén fixo saber que a Deputación financia actualmente con 748.000 euros ao ano o 40% dos gastos das bases existentes na provincia.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.