O Hórreo de Araño, o de meirande lonxitude de Galicia, loce contorna acondicionada e rozada

18 Xaneiro 2021

O Concello de Rianxo, a través do servizo de obras e servizos municipais, realizou unha limpeza integral da contorna do Hórreo de Araño, un dos elementos patrimoniais de meirande importancia do termo municipal.

Os traballos realizáronse ao abeiro dun acordo coa Igrexa para “pór en valor, turística e culturalmente”, varios elementos do concello situados en predios da súa propiedade, entre os que se atopan o Hórreo de Araño, o de Isorna ou a Capela da Guadalupe.

O labor levado a cabo no Hórreo de Araño, considerado o de maior lonxitude da xeografía galega (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro, con 2,40 m de altura e 2,70 m de altura media) e de meirande capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³), foi desenvolvido pola Brigada Municipal de Obras.

O Hórreo de Araño foi construído a finais do século XVIII, entre 1784 e 1805, e foi o crego Rafael López Lago quen mandou edificalo ás súas expensas, como reflicte o historiador Xesús Santos.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.