Falecen 12 persoas que foran diagnosticadas por COVID-19 o que sobe a 1.462 as vítimas

11 Xaneiro 2021

A Consellería de Sanidade notificou este luns outros 12 falecidos con coronavirus en Galicia, co que a cifra total de vítimas mortais da pandemia elévase a 1.462. Destes 12, seis corresponden a persoas falecidas durante a fin de semana e que se constatou que tiñan a infección activa.

En concreto no Hospital Clínico de Santiago comunicouse o falecemento de dúas persoas, dous homes de 93 e 84 anos. entre os falecidos notificados este luns están tres mulleres –de 88, 87 e 76 anos– que se atopaban ingresadas no Complexo Hospitalario de Ferrol, así como unha muller de 91 anos no Hospital da Coruña.

Tamén faleceu no Complexo Hospitalario de Vigo un home de 83 anos e unha muller de 92, esta última procedente da Residencia Moledo da cidade olívica.

Todos eles tiñan patoloxías previas. Estes falecidos corresponden tamén ao reconto de fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se actualizaron tras comprobar que faleceran por covid

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.