A Deputación apoia con novas axudas os proxectos de revitalización das nosas asociacións empresariais

07 Xaneiro 2021

A Deputación da Coruña vai achegar 478.625,92 euros para apoiar a realización de actividades de promoción económica dos Concellos e entidades da nosa provincia. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle xa a concesión provisional desta liña de subvencións a un total de 72 organismos, entre os que se atopan as principais entidades empresariais dos concellos da nosa comarca. As axudas oscilan entre un mínimo de 1.320 euros e un máximo de 15.500 euros.

A finalidade deste programa é dinamizar e poñer en valor a oferta comercial, hostaleira e turística locais a través de múltiples actividades como xornadas, feiras, certames, formacións ou obradoiros. Tamén se dá apoio á edición de guías de empresas e outras publicacións para a promoción económica nos diferentes concellos da provincia da Coruña.

Entre as axudas destinadas aos nosos concellos figuran as seguintes: 7.457 euros para as actividades de promoción do comercio da ABE (Asociación Boirense de Empresarios); 9.750 euros para as accións de dinamización económica da Asociación de Comerciantes e Profesionais de Noia Histórica; 14.750 euros para o programa de desenvolvemento económico, comercial e hostaleiro da Asociación de Empresarios de Ribeira; e 13.750 euros para as actividades de promoción e revitalización da ARE (Asociación Rianxeira de Empresarios).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.