Os parques e praias do Son serán cen por cen accesíbeis

04 Xaneiro 2021

A vila de Porto do Son quere ser un espazo urbano máis humanizado e máis accesíbel, libre de atrancos para usuarios de cadeiras de rodas e, en xeral, para persoas con diversidades funcionais. Para este obxectivo, que se deixa notar especialmente na reforma da fachada marítima, arestora en desenvolvemento, o Concello está a contar coa colaboración da confederación galega COGAMI, entidade presidida polo sonense Anxo Queiruga.

Este traballo conxunto destinado a ceibar a vila de atrancos á mobilidade está a día de hoxe na súa terceira fase, un treito do camiño que inclúe (entre outras cousas) a posta a punto dos accesos a parques infantís e biosaudábeis, a espazos de lecer e, tamén, ás praias do concello.

A través desta colaboración, o Concello tira proveito da ampla bagaxe de COGAMI en materia de accesibilidade (que conta cun servizo personalizado de asesoramento), unha experiencia que se prevé deixe fonda pegada na reforma do porto sonense, onde unha das prioridades é garantir o libre movemento de todos os colectivos dende o centro urbano propiamente dito até o borde portuario, dúas contornas que estarán conectadas cunha plataforma única de prioridade peonil (a proliferación de elementos humanizados e a necesidade de establecer as mellores conexións posíbeis motivou o interese do Concello por contar coa supervisión de COGAMI).

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.