Os contaxios baixan en Boiro, Porto do Son, Ribeira e Rianxo e soben no resto. Falecen dúas mulleres e dous homes no CHUS

02 Xaneiro 2021

O SERGAS informa da morte de dúas mulleres de 74 e 94 anos e dous homes de 72 anos e outro de 97 anos no CHUS na xornada do sábado. Todos tiñan infeccións por coronavirus e presentaban patoloxías previas.

A situación empeza a mellorar en parte da comarca do barbanza, así Boiro rexistra 14 casos menos que onte. Acumula pois 98 positivos diagnosticados nos últimos 14 días, o que supón que a cifra total baixa dos cen infectados por primeira vez desde que se decretaron as máximas restricións e o peche perimetral do municipio.

Ribeira rexistra tamén un descenso dos casos da Covid-19. Actualmente hai dous menos que o último día do 2020, un total de 93, o que supón unha incidencia acumulada de 345.

Máis elevada é a incidencia acumulada noutro dos municipios co máximo nivel de restricións. Rianxo sitúase en 480, tras baixar en cinco a cifra de contaxios con respecto á xornada de onte e situarse en 53, en Porto do Son a cifra de positivos cae noutros dous e sitúase en 38.

Por outra banda soben A Pobra, un máis con respecto ao día de onte, e son xa 36 os positivos acumulados, o máximo desde que Sanidade fai públicos os datos concello a concello, Outes, que suma seis diagnósticos de covid en 24 horas e eleva o total a 34 e unha incidencia acumulada de 541, mentres Noia tamén se produce un novo crecemento dos casos activos, ata alcanzar os 54, tres máis que o día anterior e en Lousame aumentou un caso máis tras varias xornadas de estabilidade. Actualmente hai 15 casos e unha incidencia acumulada de 449 casos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.