“A vellez”. José Manuel Pena

22 Decembro 2020

Nun dos parágrafos da única obra latina exclusivamente consagrada aos anciáns escrita por un dos personaxes máis famosos e controvertidos da antigüidade, o romano Cicerón, afírmase que “as cousas grandes non se fan coas forzas, ou a rapidez, ou axilidade do corpo, senón mediante o consello, a autoridade e a opinión. Cousas das que a vellez non só non está orfa senón que mesmo adoita acrecentalas”.
A maioría dos argumentos que forman parte do clásico escrito ciceroniano tratan de manter a dignidade dos anciáns, pois os romanos criticaron a individuos, non un período da vida, e salvagardaron a complexidade, as
contradicións e a ambiguedad da vellez, as súas miserias e a súa grandeza. “Sen dúbida os que se queixan da vellez non son moi razoables; o que é sensato sabe aceptar de bo grado todas as idades da vida”.
Para algunhas persoas os vellos son pesados, ansiosos, iracundos e difíciles. Se nos empeñamos, son tamén avariciosos, pero estes son fallos dos costumes, non da vellez. Con todo todos estes inconvenientes se dulcifican
con boa educación e bos costumes. O autor recoñece que “a vellez me resulta lixeira e non só non me molesta senón que é, mesmo, agradable”.
A vellez significa a proximidade da morte xa que se non imos ser inmortais, é desexable, polo menos que o home deixe de existir ao seu debido tempo. Non obstante isto non é impedimento para que moitos anciáns prefiran plantar árbores que aproveitarán a seguinte xeración. Pois non hai ninguén tan vello que pense que non pode vivir aínda un ano máis; pero estes dedícanse a cousas das que saben que non se van a beneficiar en absoluto.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.