Edificios emblemáticos de Rianxo, A Coruña e Ferrol iluminaranse na iniciativa Acende o Xacobeo

22 Decembro 2020


Edificios emblemáticos da Coruña, Ferrol e Rianxo, en concretoa Igrexa de Santa Columna en Rianxo, a Torre de Hércules, o Teatro Jofre en Ferrol , iluminanse desde o martes dentro do programa ‘Acende o Xacobeo’, segundo informa a Delegación Territorial da Xunta.

A Igrexa rianxeira iluminarase a partir das 21 horas deste martes.

Este programa, que inclúe a iluminación de 91 monumentos, inclúe a iluminación destes tres edificios ata o 25 de decembro.
Posteriormente haberá outras dúas fases, entre o 26 e o 28 de decembro e entre o 29 e o 31 de decembro co que, en total, iluminaranse 14 edificios emblemáticos da provincia coruñesa.

Trátase de monumentos representativos dos diferentes roteiros do Camiño de Santiago que pasan pola provincia, aos que se suman outros 27 monumentos do resto de provincias galegas e 50 doutras 10 autonomías que colaboran na iniciativa.

A iluminación nos concellos galegos levará a cabo de forma secuencial a través das distintas etapas dos roteiros xacobeos ata chegar á catedral de Santiago evocando elrecorrido que realizan os peregrinos.

Así, os monumentos escollidos para cada fase iluminaranse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela. Ademais, na Torre do Reloxo da Catedral, coñecida como A Berenguela, proxectarase durante o período un vídeo de animación que tamén recreará a peregrinación a Compostela.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...