Artigo 19 -Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Manuel Dominguez III

14 Decembro 2020

Artigo 19 -Declaración Universal dos Dereitos Humanos
” Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado por mor das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión”.-
Son xa demasiado vello para ter medo.
Así pois enfrontándome á marea, engadirei, complementar os ocos que se necesita cubrir neste texto.
Non todas as opinións ten igual dereito a ser expresadas, para poder opinar antes o opinante debe estar informado do que vai dar a coñecer, ten que dispoñer de información certeira.
O seu vacua opinión pode causar dano.
Así como o tren circula pola vía férrea así a opinións circulan polo vento, e dan a volta á terra nun amén.
Unha opinión sen base científica, pode xerar nos oíntes, ou non pode, xera, conceptos, sentimentos daniños.
As responsabilidades non son todas por igual non é o mesmo a opinión dun calfurrias, que a opinión dun tertuliano televisivo, ou se, tal vez.
As persoas que ten altofalante, por iso mesmo ten maior responsabilidade e debesen ser conscientes diso, non se pode estar nos medio, e botar a lingua para pastar.
As opinións aínda sendo estériles intelectualmente falando, poden aniñar en débiles mentes e traer graves consecuencias.
É por iso que eu digo que non todos poden opinar, que non todas as opinións ten o mesmo valor, a mesma consistencia.
Para poder opinar un debe de ter datos comprobados, ser responsable do dano que podemos facer ao emitir opinións irresponsables, lembremos que unha mentira canto máis grande sexa máis crible é.
Pódese destruír a un pobo, a unha comunidade, a unha persoa, un fermoso proxecto, as opinións baseadas nas mentiras causaron demasiados mortos, moitas desgrazas.
E o goberno sería en última instancia o menos cualificado para decidir o que é correcto ou non, o que é verdade ou mentira, non só este goberno, senón todos os gobernos, o simple feito de tentalo, é a semente da ditadura.
É o cidadán libremente formado, nas súas plenas capacidades quen decide.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.