A ribeirense Ana Peleteiro e o presentador Xosé Ramón Gayoso darán as badaladas na TVG

10 Decembro 2020

A atleta ribeirense Ana Peleteiro e o presentador Xosé Ramón Gayoso serán os protagonistas do programa especial das badaladas de fin de ano que a Televisión de Galicia prepara para a noite do 31 de decembro.

Diso informou a CRTVG nun comunicado, no que destaca que as doce badaladas que anuncian o Ano Novo seguiranse en directo desde a Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.

Ana Peleteiro, actual campioa de Europa de triplo salto en pista cuberta e unha das grandes figuras do deporte galego, prepara a súa participación nos Xogos Olímpicos de Toquio.

Segundo indicou a CRTVG, a atleta mostrou a súa ilusión por poder compartir esta cita na Televisión de Galicia con Xosé Ramón Gayoso especialmente nun ano “tan complicado para todos”.

Outros artigos

“O Barbanza: Cinco anos de xornalismo independente”

Hai cinco anos, en maio do 2019 nacía na súa edición dixital obarbanza.gal e uns días despois na de papel O Barbanza, sempre en galego e baixo a cobertura do Grupo Código Cero Comunicación. Dicíamos daquela que eramos un grupo de profesionais decididos a aventurarnos...

+

En Ribeira a rapazada de Banda ó Río estrea un novo parque infantil

O barrio ribeirense de Banda ó Río estrea hoxe un parque infantil completamente renovado. O goberno local, xunto cun bo número de veciños e veciñas, puideron comprobar as novas instalacións de xogo. O investimento para actualizar o Parque de Pedra Pateira ascendeu a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión