Francisco Valeiras González recibirá o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

10 Decembro 2020

O Concello de Dodro entregará este sábado o XXXIII Premio de Poesía Eusebio Baleirón a Francisco Valeiras González pola súa obra Urda. O acto terá lugar no CPI Eusebio Lorenzo Baileirón a partir das 17:30 horas.

A XXXIII edición será diferente á de outros anos por mor da COVID-19, por iso o Concello de Dodro pon en marcha un acto protocolario para evitar posíbeis riscos de contaxio. Así, o evento terá aforo limitado, que se completará mediante convite e estará limitado aos membros da Corporación municipal, familia e amigos de Eusebio Lorenzo Baleirón, xurado do certame, poetas gañadores da edición 2019 e 2020, representantes da editora da obra gañadora, relatores do acto e persoal de organización.

Ademais da entrega do XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, celebrase a presentación da obra gañadora no 2019, A voz do arqueiro, de Antón Blanco Casás, un recital poético a cargo de Flavia Lorenzo Sóñora, filla de Eusebio, e dos poetas Anxo Angueira e Miriam Ferrandáns, para cerrar coa actuación musical de Secho, músico de Dodro. Logo de trinta e tres anos de vida e dunha edición, neste ano 2020, complexa tanto pola pandemia COVID, como pola falta de apoio económico, o acto convértese nun símbolo de consolidación no ámbito literario en lingua galega.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...