O pobrense Museo Valle-Inclán ofrece o espectáculo Palabras en pedra

03 Decembro 2020

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, na súa liña de achega-la obra artística do intelectual a aquelas localidades vinculadas á súa figura e aos seus textos, practica un labor de promoción institucional en Galicia. En consecuencia, o Concello de Santiago de Compostela, o Museo Valle-Inclán e Teatro En Punto ofrecen ao público da capital galega o espectáculo Palabras en pedra, unha representación de cadros escénicos a partir de textos do máximo expoñente do esperpento.
A cita terá lugar no 8 de decembro, ás 12.00 horas, no claustro de San
Domingos de Bonaval, cedido para tal ocasión por colaboración do Museo do Pobo Galego. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal as persoas interesadas en asistir deben reserva-la súa entrada de balde a través do enderezo electrónico teatroenpunto@gmail.com.
A dramaturxia e dirección corren a cargo de Roberto Leal quen, ademais, forma parte do elenco xunto con Gloria Rico (actriz) e Sabela Dacal (coa música en directo). Os textos que serán representados son Juan Quinto, A miña irmá Antonia, Milón de Arnoia, curtas de ficción literaria valoradas entre os principais contos de asunto/temática galega.
Cómpre lembrar que Santiago de Compostela, como capital galega importante no seu decurso biográfico, literario e sentimental, onde está sepultado, realiza periódicas homenaxes a Valle-Inclán.
Promoven, por cooperación institucional, o Concello de Santiago de Compostela e o Museo Valle-Inclán pobrense, co patrocinio do consistorio santiagués, produción de Teatro En Punto e colabora, cedendo un espazo monumental, o Museo do Pobo Galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.