Este martes activada a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral oeste da Coruña e suspendido o deporte escolar no mar

28 Setembro 2026

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de activar para este martes a alerta laranxa por temporal costeiro na franxa litoral oeste da Coruña. A previsión dun notable agravamento das condicións marítimas obrigou tamén a decretar a suspensión das actividades náuticas deportivas escolares e federadas en gran parte da fachada atlántica.

Segundo as predicións oficiais, o fenómeno meteorolóxico adverso comezará a cobrar forza desde media mañá do martes. Agárdase vento de compoñente sur que poderá acadar forza 8, xunto a unha situación de mar combinada do sur e suroeste con ondas que poderían acadar os 5 metros de altura, con especial intensidade na contorna de Fisterra e na Costa da Morte.

Ante este escenario, a Secretaría Xeral para o Deporte anunciou a suspensión da actividade no mar correspondente ao programa Xogade e ao ámbito federado, aplicando os seguintes horarios de restrición:

  • Oeste e suroeste da Coruña: Actividade suspendida entre as 09:00 e as 18:00 horas.
  • Rías Baixas: Actividade suspendida entre as 12:00 e as 18:00 horas.

O Goberno galego, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, puxo en prealerta aos concellos costeiros, deputacións, agrupacións de Protección Civil e clubs náuticos. Reiterouse o chamamento á cidadanía para extremar as precaucións, afastarse de diques, rompentes e paseos marítimos, así como revisar as amarras das embarcacións portuarias.

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.