Até 1.570 empresas e microempresas da nosa comarca solicitaron a axudas PEL – Reactiva da Deputación

02 Decembro 2020

Este ano, máis de 10.000 empresas e microempresas galegas solicitaron as axudas PEL – Reactiva da Deputación da Coruña. O programa está dotado con 12,5 millóns de euros e distribuirá as axudas que flutúan entre os 1.500 e os 3.000 euros nunha manchea de localidades, entre as que destacan (polo importante número de solicitudes) a comarca de Santiago de Compostela e a Coruña e os municipios de Carballo, Narón, Arteixo, Oleiros, Fisterra, Paderne, Mugardos, Muros, Camariñas, Arzúa e Cedeira. As axudas serán compatíbeis con outras, e soamente serán dadas a aquelas microempresas que cumpran co requisito de contar cun persoal de entre 6 e 9 traballadores.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, sinalou “a boa acollida do programa” e explicou que “ isto supón un esforzo investidor sen precedentes que se logra a partir da unión entre a Deputación e 88 concellos coruñeses”. O obxectivo deste proxecto é “apoiar ao pequeno tecido empresarial local ante a grave crise económica ocasionada pola COVID – 19, axudando á supervivencia dos comercios, da hostalería e, en definitiva, de todos os negocios da provincia que están a sufrir as consecuencias devastadoras desta pandemia”.

A maioría das solicitudes proceden dos concellos da comarca da Coruña, que ocupa un 26,6% do total. Mentres, as axudas solicitadas en Barbanza son 1.570 e representan un 15,64% do total do tecido de empresas e microempresas dos nosos concellos.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.