Un total de 241 empresas e autónomos solicitan en Boiro as axudas do PEL Reactiva

26 Novembro 2020

O Concello de Boiro fixo balance das solicitudes feitas polas empresas e autónomos locais para optar ás axudas do programa PEL Reactiva que convocou o Goberno local co financiamento e o apoio da Deputación da Coruña (co obxectivo de contribuír á recuperación do tecido produtivo do municipio). En total, foron 241 as firmas e persoas autónomas que requiriron as subvencións. O prazo de presentación de solicitudes rematou este 25 de novembro.

As axudas están destinadas a empresarios/as, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas, sexa cal sexa a súa forma xurídica. Diríxense a microempresas e autónomos que se visen afectados polo peche do Estado de Alarma, que non se visen afectados polo peche pero que a súa facturación no segundo trimestre se vise reducida a un 75% ou aquelas que se visen na obriga de acollerse a un ERTE.

Os traballadores e empresas beneficiadas poden, con este importe, comprar material antiséptico, produtos hixiénicos e de limpeza; sufragar gastos de arrendamentos e canon, como poden ser de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; gastos de reparación e conservación ou adaptación de locais ás medidas de protección fronte á COVID-19; primas de seguros ou subministracións.

As solicitudes presentadas vanse puntuar seguindo os criterios de valoración establecidos nas bases, iguais para todos os concellos da provincia, e que son o tipo de empresa, a súa forma xurídica, o número de mulleres, persoas discapacitadas ou menores de 30 anos contratados ou o uso da lingua galega. As persoas beneficiarias da subvención deberán presentar a documentación xustificativa, como data máxima, o 31 de marzo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...