Aberto o prazo de solicitude para as axudas do PEL Reactiva en Boiro

05 Novembro 2020

O Concello de Boiro abre desde este xoves 5 de novembro o prazo de presentación de solicitudes das axudas do programa PEL Reactiva da Deputación Provincial da Coruña. A Administración local lembra que se atopa adherida a este fondo de financiamento, mediante o cal destinarase unha contía de 267.223,79 euros a autónomos e empresas para axudar a combater a crise económica e social provocada pola COVID-19 e paliar, na medida do posíbel, os seus efectos.

As axudas están destinadas a persoas autónomas, con ou sen traballadores/as ao seu cargo, e microempresas, sexa cal sexa a súa forma xurídica e que se se visen afectadas polo peche do Estado de Alarma, que non se visen afectados polo peche pero que a súa facturación no segundo trimestre se vise reducida un 75% ou aquelas que se visen na obriga de acollerse a un ERTE.

As axudas están destinadas á compra de material como material antiséptico e produtos hixiénicos e de limpeza; para arrendamentos e canon, como son o arrendamento de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións; gastos de reparación e conservación ou adaptación de locais a medidas de protección fronte a COVID-19; primas de seguros ou subministracións.

O prazo de presentación de solicitudes está xa aberto e finaliza o día 25 de novembro ás 14.00 horas. As solicitudes deben presentarse de forma telemática a través da Sede Electrónica do Concello de Boiro. Toda a información sobre a convocatoria está a disposición das persoas interesadas na web municipal (www.boiro.gal) ou no telefono 981 84 48 00 ext. 5909.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...