A Deputación da Coruña financia a rede de saneamento na Cancela Abrea (Dodro)

24 Novembro 2020

O Concello de Dodro recibirá financiamento da Deputación da Coruña, a través do Plan Único, para un proxecto que permitirá continuar coa rede de saneamento no lugar da Cancela Abrea. A iniciativa do Plan Único da Deputación suporá un investimento de algo máis de 7 millóns de euros na súa totalidade.

O Plan Único servirá para financiar un total de 319 obras, das cales, 65 basearanse na construción de redes de abastecemento e saneamento correspondentes a diferentes municipios da provincia da Coruña.

A actuación no lugar da Cancela de Abrea, publicada na Plataforma de Contratación do Estado, conta cun orzamento de 47.374,15 euros. O investimento no Concello de Dodro inclúe a canalización de 220 metros de tubaxe de PVC, a construción de 8 pozos de rexistro e a instalación dunha rede de impulsión de 650 metros, que irá acompañada dun pozo de bombeo. Ó finalizar a obra, procederase á rehabilitación da zona, que inclúe a restauración do pavimentado afectado.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.