O Concello de Boiro instala novos aparcabicis no núcleo urbano

17 Novembro 2020

O Concello boirense comezou a habilitación dos aparcamentos para bicicletas no núcleo urbano. A falta de servizos de estacionamento desta modalidade foi unha das causas polas que o Concello de Boiro decidiu levar a cabo esta iniciativa. Unha decisión que ten como principal obxectivo, ademais de dotar duns servizos necesarios ós cidadáns para desprazarse en bicicleta e vehículos de mobilidade persoal, contribuír á sustentabilidade e o medio ambiente, reducindo o tráfico e os gases emitidos polos vehículos a motor.

Este investimento supón colocar un total de 14 aparcabicis repartidos por todo o núcleo urbano, así como polas zonas máis transitadas das parroquias. A instalación dos novos aparcamentos para bicicletas estase levando a cabo en espazos inutilizados da vila, situándoos así en zonas máis cómodas para os boirenses á hora de utilizar este novo servizo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.