Os axentes da Policía Autonómica realizaron operativos anti-COVID en Noia

17 Novembro 2020

A Policía Autonómica realizou 18 operativos na provincia da Coruña, esta fin de semana que vimos de deixar atrás, dirixidos a controlar o cumprimento das medidas anti-COVID entre a cidadanía. Os dispositivos leváronse a cabo nas contornas de Noia, Santiago, Ames e A Coruña. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 35 inspeccións, que deron como resultado a identificación de 25 persoas e a tramitación de 12 actas de infracción.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 13 ao 15 de novembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus.

No conxunto da xeografía galega, os axentes actuaron nun total de 23 concellos, nos que que se fixeron 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á COVID-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Outros artigos

Contra a incomunicación e o illamento

Continúa o importante labor da central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta A central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta fai un chamamento ás galegas e aos galegos para tirar proveito do servizo e atopar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.