“O heroísmo dunha muller”. Recuperando a historia. Joferpa

09 Novembro 2020

Na década dos anos noventa recuperei para a historia local de Ribeira a historia do naufraxio do “Vapor-correo Santa Isabel”. Un transporte marítimo non que faleceran 213 persoas o 2 de xaneiro de 1921, pronto pois farán 100 anos.

Sería cunha serie de artigos publicados en varios xornais galegos nos que aparecerían amais por primeira vez, fotografías de como era o buque. De aí nacería o libro “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, e co que se recuperaría o papel dás heroínas. E iso sen esquecer tampouco ós homes que tamén intervirán no salvamento e que recibirían recoñecemento oficial.

Pero hoxe traio a esta páxina a outra heroína de 17 anos tamén de Riveira. Corría o ano 1930 e a Sociedade Española de Salvamento de Naufragos concedía unha medalla e un premio en metálico á moza Dolores Fernández Sarasqueta, quen como recollía a prensa da época era homenaxeada en Vigo a principios de novembro dese mesmo ano. A moza salvou a unha meniña de dez anos de morrer afogada o 3 de setembro.

Hoxe  reproduzo parte da páxina da publicación “Mujeres españolas” do 9 de novembro de 1930 na que se recollía o acto da homenaxe feita na cidade olívica a esta riveirense, da que por certo se cumplen 90 anos da súa heroicidade.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.