Os CEIP plurilingües de Louro e Outes participan por primeira vez no programa Biblioteca Creativa

02 Novembro 2020

Os centros educativos CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, CEP Xosé María Brea Segade e CRA de Rianxo, renovan a súa continuidade neste curso 2020/2021. Segundo a resolución publicada no Portal Educativo, un total de 102 centros galegos de infantil e primaria colaboran este ano no programa Biblioteca Creativa, co obxectivo de fomentar a investigación e a aprendizaxe. Na nosa comarca destaca a nova inclusión ao proxecto do CEIP Plurilingüe de Louro e do CEIP Plurilingüe de Outes. Ademais, continúan no programa tres centros educativos de Rianxo: o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, o CEP Xosé María Brea Segade e o CRA de Rianxo.

De todos os centros que interveñen, 77 renovan a súa continuidade e os restantes son de nova incorporación. Por provincias, 38 colexios pertencen á provincia de A Coruña, 14 á localidade de Lugo, 11 centros a Ourense e 39 a Pontevedra.

O programa Biblioteca Creativa intenta familiarizar aos cativos coa robótica e a linguaxe de programación. Entre os seus propósitos, inclúe a realización de actividades planificadas desde a biblioteca escolar, xa que esta iniciativa está integrada no Plan de da Mellora das Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Por outra parte, os centros de nova incorporación reciben directamente os materiais na escola. Sen embargo, os colexios que renovan a súa participación e levan entre 1 e 3 anos no proxecto poden ampliar o mesmo coa dotación dun recuncho creativo dentro da biblioteca ou coa obtención de materiais que faciliten a investigación e a experimentación. Para aqueles centros educativos que teñan 4 anos ou máis de experiencia no programa, a asignación deberá destinarse á formación do alumnado con obradoiros e actividades relacionadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030 (“espazo creativo” da biblioteca).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.