O CHUS refórzase ante a Covid cunha nova sala de observación con 40 camas máis

27 Outubro 2020

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá a nova sala de observación do servizo de urxencias do Hospital Clínico de Santiago, que incrementa en 40 camas a súa capacidade de atención.

A obra realizouse nun tempo récord, xa que foi tramitada por procedemento de emerxencia ante a situación da pandemia, o que obrigou a desdobrar este servizo para atender en dous circuítos diferenciados aos doentes covid e aos doutras patoloxías.

anf acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visita a ampliación do servizo de urxencias do Hospital Clínico Universitario de Santiago, CHUS.

O importe final da actuación foi de 1.657.362 euros e afectou a unha superficie de case 800 m2, que ademais dos 40 postos de atención aos doentes, acollen un control de enfermería, unha zona de preparación de medicación, farmacia, almacéns e baños; así como unha área de apoio cunha sala de traballo para profesionais sanitarios, vestiarios e áreas de limpo e sucio. O crecemento da superficie desenvolveuse cara a unha zona de terraza exterior.

Cómpre salientar que o servizo de urxencias do CHUS atendeu o pasado ano 155.610 urxencias, tanto pediátricas como de adultos, que contan cun espazo totalmente diferenciado.

No percorrido tamén estiveron presentes o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a xerente da área sanitaria, Eloína Núñez, o coordinador de urxencias, Plácido Mayán, e a supervisora de urxencias, Rosa Blanco.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...