Boiro tentará meterlle un gol o cancro

02 Agosto 2019

20190802. O Concello de Boiro acolleu este mediodía a presentación da sexta edición do partido solidario que organiza a xunta local boirense da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para recadar fondos na loita contra esta enfermidade.

No acto estiveron presentes a presidenta da AECC de Boiro, Marisa Lojo, e o alcalde, José Ramón Romero, acompañados de numerosos colaboradores coma Antonio Vigo, Óscar Pouso, Rafael Saavedra, José Romero, Margarita Hermo e Juan Carlos Blanco.

Esta cita solidaria celebrarase o sábado 10, ás 18.00 horas, no campo de fútbol de Vista Alegre. Unha vez rematen os partidos, ao redor 21.00 horas, haberá churrascada, paella e actuacións musicais. A novidade deste ano é, tal e como explicou José Romero, “en vez de facer o partido de sénior, vamos a facer un partido de rapaces primeiro e, despois, vamos a pasar ao partido das mulleres.” O primeiro disputarase entre os benxamíns da Escola de Fútbol Municipal de Boiro e o Sporting de Lamón, mentres que o segundo será entre o Club Deportivo Bamio Feminino e o Club Deportivo Boiro Feminino.

Ademais, desenvolveránse as mesmas actividades ca outros anos coma son a promoción da venta de entradas a 2 euros cada unha, os sorteos que se realizarán no campo e a festa posterior aos partidos. Así mesmo, haberá un premio a maiores que consistirá nunha comida ou cea na casa dun afamado hostaleiro compostelán.

A directora de relacións institucionais de Jealsa, Margarita Hermo, destacou que o municipio boirense é un exemplo de solidariedade, desenvolvéndose múltiples actividades con tal fin.

Tamén a presidenta da xunta local boirense da AECC, Marisa Lojo, fixo referencia á solidariedade do concello e afirmou que “eu penso que este ano lle vamos a dar un gol moi importante ao cancro grazas a toda esta xente que nos apoia.”

Pola súa parte, o rexedor boirense expresou o seu agradecemento a tódalas persoas e entidades que fan posible esta cita.

Da mesma maneira, tódolos presentes recalcaron que este evento é para desfrutar e animaron á xente a implicarse para poder continuar organizándoo no futuro.

Por último, sinalar que haberá huchas en diferentes establecementos para que a xente poda colaborar e existe unha páxina de Facebook onde se colga información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.