O Goberno central levará fibra óptica avanzada a máis de 56.000 fogares e empresas do noso rural

05 Outubro 2020

O Executivo central anunciou esta fin de semana unha serie de medidas relevantes para incrementar a presenza de banda larga no rural galego. Os detalles da iniciativa foron dados a coñecer polo delegado do Goberno, Javier Losada, quen sinalou que se van investir este ano 13,6 millóns de euros para levar Internet de calidade a 56.159 fogares e empresas dos nosos concellos, poñendo o foco nas áreas non urbanas. Segundo fixo saber Losada, a medida ten especial importancia tendo en conta até que punto a pandemia “puxo e manifesto a necesidade de termos boas conexións dixitais”.

En materia de contías concretas, contarase cun orzamento de 13.608.088 euros. Estas cifras corresponden ás axudas que acaba de conceder o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital dentro da convocatoria 2020 do Programa PEBA e diríxense a operadores privados de telecomunicacións para que estendan a cobertura de banda larga de nova xeración a núcleos sen cobertura actual e a zonas con conexión de baixa velocidade. No caso de Galicia os proxectos empregarán como tecnoloxía a fibra ata o fogar ou FTTH (acrónimo da denominación inglesa Fiber To The Home) e suporán investimentos totais por valor de 17.286.066 euros sobre o territorio.

Javier Losada pon en valor este investimento na época actual, cando a pandemia da COVID-19 “puxo de manifesto a necesidade de contar con boas conexións dixitais”. O confinamento da poboación e as limitacións na atención presencial en empresas e administracións públicas, dixo, “impulsaron o teletraballo e a tramitación telemática da meirande parte dos procedementos administrativos”. E engadiu: “Neste contexto situamos unha das prioridades do Goberno que é o de garantir o acceso aos servizos públicos da cidadanía con independencia da zona na que vivan”. Por outra banda, “rachar a fenda dixital é un elemento clave do reto demográfico” xa que é fundamental para fixar a poboación nos territorios máis afectados polo despoboamento.

No caso da Coruña, a operadora beneficiaria será Telefónica e o orzamento financiábel de preto de 4,9 millóns. Está previsto chegar a 14.030 vivendas e firmas.

No caso de Lugo, a empresa encargada será Adamo, sendo o orzamento financiábel de preto de 7,5 millóns. O número de unidades a cubrir será de 25.530.

Polo que respecta a Ourense, os traballos virán da man da operadora Telefónica, novamente, cun presuposto financiábel de 2,3 millóns de euros, e un número de empresas e fogares a cubrir de 10.047.

No caso de Pontevedra, será Telefónica a encargada dos traballos, unha vez máis. Contarase cunha contía de preto de 2,6 millóns e unha área de unidades a cubrir de 5.552.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.