Rescatada en helicóptero a tripulación do pesqueiro Génesis da empresa ribeirense Basoñas Mar tras encallar en Escocia

02 Outubro 2026

Os 17 tripulantes do pesqueiro galego Génesis, pertencente á compañía ribeirense Basoñas Mar, foron rescatados este xoves por vía aérea despois de que o buque embarrancase na zona de Old Man of Hoy, nas illas Orcadas, ao norte de Escocia.

TVG

Segundo informou a Axencia Marítima e de Gardacostas do Reino Unido, o pesqueiro emitiu un sinal de socorro pouco despois das 7.30 horas, tras bater contra unhas rochas.

No dispositivo de rescate participaron helicópteros dos servizos de Gardacostas de Sumburgh e Stornoway, un bote salvavidas de Stromness RNLI (Royal National Lifeboat Institution), equipos terrestres de Kirkwall e St Margaret’s Hope e un avión de patrulla da Royal Air Force.

Tamén interveu o Hamnavoe, un transbordador de pasaxeiros que se desviou da súa ruta para prestar asistencia.

As condicións meteorolóxicas e a localización do pesqueiro, xunto a unha zona rochosa próxima a un cantil, impediron realizar o rescate por mar. Os 17 tripulantes foron evacuados por vía aérea por un helicóptero de Stornoway e trasladados posteriormente a Kirkwall.

A Axencia Marítima e de Gardacostas británica confirmou que non se notificaron feridos entre os tripulantes.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.