Dúas persoas resultan feridas tras chocar un coche contra dous vehículos aparcados en Boiro

02 Outubro 2026
  • Unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos bombeiros e trasladada en estado grave.
  • O sinistro mobilizou a bombeiros, sanitarios do 061, Protección Civil e Garda Civil.Bomebriso
A D C Bombeiros Boiro

Dúas persoas resultaron feridas na noite do xoves tras verse involucradas nun aparatoso accidente de tráfico rexistrado no concello de Boiro. O suceso produciuse contra as 23:15 horas no quilómetro 3 da estrada DP-1107, no lugar da Pesqueira (parroquia de Castro).

A alerta activouse tras o aviso dun particular ao 112 Galicia. Segundo a información facilitada, o turismo circulaba por ese punto cando se saíu da vía e acabou batendo contra outros dous coches que se atopaban aparcados.

Por mor do impacto, dous ocupantes sufriron feridas. Unha das persoas afectadas tivo que ser excarcerada polos bombeiros do interior do habitáculo e posteriormente foi trasladada en ambulancia en estado grave. Os feridos foron atendidos no mesmo lugar e evacuados polo persoal sanitario.

No dispositivo de emerxencias despregado participaron efectivos dos Bombeiros do Consorcio da Coruña con base en Boiro, ambulancias de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazadas desde Boiro e Ribeira, o Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro e axentes da Garda Civil. Desde os servizos intervenientes reiterouse a importancia de extremar a precaución ao volante.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.